Rufián puntualiza a Casado que "ao Rei só lle votou unha persoa: Franco"

Pablo Casado dixera que ao Rei Felipe votárano os españois

Pablo Casado, en Ávila. RAÚL SANCHIDRÁN, EFE
photo_camera Pablo Casado, en Ávila. RAÚL SANCHIDRÁN, EFE

O número dous de ERC ao Congreso por Barcelona, Gabriel Rufián, puntualizou ao líder do PP, Pablo Casado, que ao Rei "só lle votou unha soa persoa, Francisco Franco", polo que "debería darlle vergoña afirmar que foi votado" por todos os cidadáns.

Nun acto electoral de ERC en Sabadell (Barcelona), Rufián lamentou que haxa partidos que, como o PP, non queiran un referendo sobre monarquía ou república como o que propuxeron Podemos e ERC.

"Pablo Casado ten razón en parte, é certo que ao pai de Felipe votoulle alguén, pero foi unha soa persoa, Francisco Franco", afirmou o principal candidato de ERC nesta campaña, ante a ausencia da cabeza de lista, Oriol Junqueras, en prisión preventiva.

Comentarios