Sánchez acepta o encargo do Rei sen ter o apoio de ERC asegurado para a investidura

O líder do PSOE anuncia reunións con Arrimadas, Casado e o resto de formacións a próxima semana
Pedro Sánchez y el rey Felipe. KIKO HUESCA
photo_camera Pedro Sánchez e o rei Felipe. KIKO HUESCA

O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, anunciou este miercóles, tras aceptar a encomenda do rei Felipe VI, de formar goberno, que convocará o vindeiro luns a Pablo Casado e a Inés Arrimadas no Congreso dos Deputados para ter sendas reunións.

Pedro Sánchez tamén adiantou que a portavoz do Grupo Socialista no Congreso, Adriana Lastra, reunirase co resto dos partidos políticos da Cámara Baixa. O obxectivo, dixo, é ver se poden conxuntar unha maioría parlamentaria máis ampla que permita a formación dun goberno. 

Ademais, Pedro Sánchez tamén citará a todos presidentes autonómicos e ao presidente da FEMP, Abel Caballero. Farao, dixo, a partir da próxima semana porque este xoves e este venres ten en Bruxelas un Consello Europeo sobre os orzamentos comunitario e o Bréxit. 

"ESTAMOS a AVANZAR". Sánchez agradeceu este mércores a ERC a "actitude" que está a ter nas negociacións co PSOE para a investidura e, tras tres reunións dos socialistas con esa formación, afirmou que "todo acordo será público e estará dentro do marco constitucional".

Preguntado sobre a negociación con ERC, Sánchez respondeu que non quería "pór adxectivos" sobre como van. "Estamos a avanzar", engadiu o xefe do Executivo en funcións.

Faltan a data e os apoios
A decisión do rei de propor a Pedro Sánchez para a investidura como presidente proporcionou un dos elementos para que se poida formar novo Goberno, que haxa un candidato, pero seguen faltando outros dous esenciais: a data e que o PSOE logre os apoios parlamentarios suficientes.

A presidenta do Congreso, Meritxell Batet, será a encargada de anunciar esa data tras as conversacións que teña para iso co candidato proposto polo rei. Cando o fará non se sabe aínda.

Tras recibir o encargo do Rei, Sánchez decidiu abrir a partir do próximo luns unha rolda con todos os partidos representados no arco parlamentario e cos presidentes autonómicos, o que podería alargar os prazos inicialmente previstos.

Sobre as datas, estas algunhas das opcións nas próximas semanas, tendo en conta que Batet pode convocar a sesión de investidura incluso dun día para outro, sempre que teña garantido que todos os deputados poden chegar a tempo.

Comentarios