Junqueras, a Llarena: "Convocar un referendo non é delito"

Trapero alega na Audiencia Nacional que non compartía o plan secesionista de Puigdemont

El juez Llarena. EFE
photo_camera O xuíz Llarena. EFE

Jordi Sánchez (JxCat), candidato a presidente da Generalitat, Oriol Junqueras, exvicepresidente catalán, e Jordi Cuixart, presidente de Omnium Cultural, protestaron ante o Supremo polo que consideran que é un xuízo político dirixido contra eles.

Os tres líderes independentistas cataláns, todos en prisión preventiva, compareceron este luns ante o alto tribunal para coñecer o seu procesamiento por delitos de rebelión e outros dentro do sumario aberto polo "procès" no Supremo.

Nese trámite presentaron as súas queixas polo que cren que é un proceso dirixido contra eles polas súas ideas políticas, con falta de obxectividade por parte do xuíz do caso, Pablo Llarena, e con vulneración dos seus dereitos como o da protesta pacífica ou, no caso de Sánchez, o seu dereito á participación política como candidato.

"NON É DELITO". Junqueras manifestou ante o maxistrado do Tribunal Supremo Pablo Llarena que non se dedicou un só euro do Orzamento ao proceso" soberanista en Cataluña, segundo manifestaron fontes presentes na declaración indagatoria que se celebrou este luns no alto tribunal. 

Junqueras tamén lle dixo ao xuíz que convocar un referendo non é delito. Foi o primeiro en comparecer, durante uns 40 minutos, ante o maxistrado do Supremo, que o citou para comunicarlle o seu procesamiento polos delitos de rebelión e malversación de fondos públicos. Únicamente contestou a preguntas do seu avogado defensor, para insistir en que todo foi "pacífico", rexeitando responder o resto de avogados, á Fiscalía e á acusación popular representada por Vox. 

Junqueras, que permanece en prisión madrileña de Estremera desde o pasado 2 de novembro, sinalou tamén que cre na dignidade humana, no pacifismo e na convivencia.

Trapero alega ante Lamela que non compartía o plan secesionista
Por outra banda, a maxistrada da Audiencia Nacional Carmen Lamela citou este luns ao ex xefe dos Mossos D'Esquadra Josep Lluis Trapero, a intendente Teresa Laplana, o exdirector deste corpo policial Pere Soler e o ex secretario xeral de Interior da Generalitat de Cataluña César Puig, para comunicarlles o seu procesamiento por sedición pola actuación dos Mossos nos disturbios ocorridos en setembro en Barcelona e durante a xornada do referendo ilegal.

O exxefe dos Mossos recorreu o auto de procesamento e alegou que non puxo á policía autonómica ao servizo do independentismo e que lle trasladou a Carles Puigdemont que non compartía os seus plans secesionistas.

Comentarios