Sánchez ve "perturbadoras" as informacións sobre os negocios do rei emérito

Valora que Felipe VI estea "a marcar distancias"
Pedro Sánchez, este miércoles en la Moncloa. EFE
photo_camera Pedro Sánchez, este mércores na Moncloa. EFE

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, admitiu este mércores que considera "inquietantes e perturbadoras" as informacións relativas aos presuntos negocios do rei Juan Carlos, ao que investiga a Fiscalía polo suposto cobro de comisións por interceder no contrato da Ave á Meca. A partir de aí, valorou que o monarca actual, Felipe VI, estea "a marcar distancias" co emérito. 

"É evidente que estamos a ser testemuñas o conxunto da poboación española de informacións inquietantes que nos perturban a todos, a min tamén", dixo o socialista. Foi nunha rolda de prensa conxunta desde o Palacio da Moncloa co primeiro ministro italiano, Giuseppe Conte, ao ser preguntado sobre se ao Executivo lle preocupa que as informacións que se están coñecendo sobre o caso afecten negativamente á institución da Coroa. 

O presidente do Goberno puxo en valor que haxa medios de comunicación "que non miran para outro lado" ante unha investigación que afecta o rei emérito e sobre a que se están facendo eco", á vez que remarcou que a "Xustiza está a actuar". "A propia Casa Real está a marcar distancias fronte a esas informacións inquietantes, perturbadoras", resolveu, en referencia a medidas de Felipe VI como a decisión —adoptada o 15 de marzo— de renunciar á herdanza do seu pai e retirarlle a asignación que recibe do Estado. 

A portavoz do Executivo, María Jesús Montero, xa asegurou este martes que "cada un responde de xeito individual" ao que os xuíces lle poidan reclamar e que será a Xustiza a que se encargará de determinar as eventuais responsabilidades. "Todos somos iguais ante a lei; isto non é unha cuestión retórica, é real", sinalou Montero, quen pediu confianza no labor dos tribunais, aínda que sexa lenta, e na súa independencia. 

Comentarios