Sanidade alerta da presenza de gluten en madalenas ecolóxicas sen gluten

As marcas das que alertan son Sol Natural e Mdalen

Magdalenas sin gluten. EP
photo_camera Madalenas sen gluten. EP

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aecosan), dependente do Ministerio de Sanidade, alertou da presenza de gluten en madalenas ecolóxicas etiquetadas como 'sen gluten' das marcas Sol Natural e Mdalen.

Ante isto, o organismo recomendou a aqueles consumidores alérxicos ou intolerantes ao gluten, que puidesen ter o produto anteriormente mencionado nos seus fogares, que se absteñan de consumilo. No entanto, Aecosan asegurou que o consumo deste produto non comporta ningún risco para o resto de consumidores.

En concreto, os produtos afectados preséntanse en bolsas de 145 gramos e 70 gramos cos lotes: ECO91024080, ECO91024051, ECO91024032, ECO91024092, ECO91025060, ECO91025031, ECO91025002, ECO91025072 e ECO91026030.

O produto afectado foi fabricado na Comunidade Autónoma de Cataluña e distribuíuse en Cataluña, Canarias, País Vasco e Portugal. O organismo xa informou destes feitos ás Autoridades competentes das Comunidades Autónomas a través da Rede de Alerta Alimentaria nacional (SCIRI).

PROTEÍNA DE LEITE. A semana pasada, a Aecosan alertou tamén da presenza de leite, non declarada na etiquetaxe, en madalenas con millo da marca DIET RADISSON, de 190g, número de lote 260120 e data de consumo preferente 26/01/20.

O produto afectado foi fabricado na Comunidade Autónoma de Castela e León e distribuído por unha empresa de Cataluña a establecementos de Castela-A Mancha, Valencia, Asturias, Castela e León, Andalucía, País Vasco, Illas Baleares, Canarias, Madrid, Murcia e Galicia, así como a establecementos de Portugal.

A Aecosan recomendou as mesmas medidas de precaución que coas madalenas ecolóxicas de Sol Natural e Mdalen.

Comentarios