Un septuaxenario das Nogais falece mentres tallaba árbores na parroquia de Doncos

Os profesionais sanitarios só puideron certificar o falecemento da vítima

Un veciño das Nogais de 72 anos faleceu este xoves pola mañá mentres estaba a tallar árbores nunha leira da parroquia de Doncos. O suceso produciuse pasadas as 12.00 horas cando o home acudiu a unha parcela próxima á igrexa parroquial para realizar labores forestais.

Foi un veciño o que alertou ao 112, que mobilizou de inmediato ao GES de Becerreá, á Garda Civil e a unha ambulancia medicalizada do 061. Os profesionais sanitarios só puideron certificar o falecemento da vítima. Investíganse as causas do accidente.

Comentarios