Sharon Stone, en carne viva tras o ictus: "Perdín todo o que tiña"

A protagonista de Instinto básico asegura que "a xente tratouna dun modo brutalmente desagradable"
Sharon Stone. AEP
photo_camera Sharon Stone. AEP

"A xente tratoume dun modo brutalmente desagradable". A actriz Sharon Stone abriu o seu corazón nunha entrevista publicada por Variety na que aborda un dos momentos máis duros da súa vida: o ictus que sufriu en 2001 e o que implicou na súa traxectoria profesional.

A protagonista de Instinto básico asegura que viviu un inferno tras o derrame cerebral. "Tiven que rehipotecar a miña casa. Perdín todo o que tiña. Perdín o meu oco na industria. E eu era como a gran estrela do momento, ¿sabes?", reflexiona.

Tiña 43 anos cando sufriu o ictus, que lle afectou á fala, á visión, á mobilidade e incluso á comprensión. E tardou anos en recuperarse.

Comentarios