Simón alerta do risco de viaxar entre comunidades na ponte do 1 de novembro

O director do Caes explicou que a prevención pode evitar que se apliquen medidas máis drásticas
Fernando Simón. EFE
photo_camera Fernando Simón. EFE

O director do Centro de Alertas e Urxencias Sanitarias, Fernando Simón, alertou do risco na transmisión de contagios de covid que supón "viaxar dunhas zonas a outras" de face aos desprazamentos entre comunidades no ponte do 1 de novembro.

Díxoo Simón este luns en rolda de prensa, na que se mostrou convencido de que non hai "ninguén que non entenda que a mobilidade entre comunidades é un risco" e pediu que se cumpran as medidas sanitarias para previr contagios co fin de evitar que haxa que aplicar outras máis drásticas. 

Neste sentido, manifestou que impor medidas máis duras "é fácil", pero hai que evitalo, e recoñeceu que "estamos cansados" tras "moitos días con moitas medidas que impiden facer unha vida normal, que fixeron que as relacións sociais xa non son o que eran e que teñen un impacto económico e social moi importante".

"A xente está nun período, eu non diría de esgotamento, pero desde logo cerca", subliñou Simón, pero insistiu en que, a pesar de que ir coa máscara cos amigos e manter a distancia "non é o máis agradable, pode evitar outras medidas".

Comentarios