Simón cre que os visóns poderían ser o reservorio orixinal do coronavirus

Estúdase se un home foi contaxiado por un visón en Países Baixos
Proc/JFIF/EFE-Calidad:Excelente
photo_camera Fernando Simón, en rolda de prensa. EFE

O director do Centro de Coordinación de Alertas e Urxencias Sanitarias (CCAES), Fernando Simón, apuntou que os visóns poderían ser o reservorio orixinal do virus do Covid-19, tras producirse un posible primeiro contaxio de visóns a humanos nunha granxa en País Baixos, aínda que puntualizou que este extremo hai que confirmalo mediante estudos.

Segundo as investigacións das autoridades sanitarias neerlandesas, houbo unha transmisión do novo coronavirus do visón ao humano. A investigación tamén demostrou que o visón con Covid-19 pode ser asintomático. O virus atopado nun membro do persoal dunha granxa de visóns mostrou similitudes co atopado no visón desa granxa. Baseándose nesta comparación e na posición desa forma do virus na árbore xenética, os investigadores concluíron que é probable que un membro do persoal dunha granxa sexa infectado polo visón.

En rolda de prensa tras o Comité de Xestión do Coronavirus, o epidemiólogo resaltou que, polo momento, en España non se ha noficiado ningún contaxio de animais a humanos, e que se o houbo "pasou desapercibido". Simón cre que este contaxio en Países Baixos pode ser unha "situación esporádica", pero ve "moi interesante" este caso para pescudar cal pode ser o reservorio orixinal do virus, que segundo varios estudos podería involucar aos murciélagos e aos pangolines.

"Noutros coronavirus, en concreto o Sars, o reservorio eran as civetas. E que os visóns se infectasen podería indicar que poderían ser o reservorio orixinal do patógeno en China", especulou o doutor Fernando Simón.

Comentarios