Sonsoles Ónega sepárase de Carlos Pardo tras once anos de matrimonio

A xornalista e o avogado, ambos de ascendencia galega, casaron en 2008 en Compostela
Sonsoles Ónega. INSTAGRAM
photo_camera Sonsoles Ónega. INSTAGRAM

A xornalista Sonsoles Ónega separouse do seu marido Carlos Pardo tras once anos de matrimonio e dous fillos en común. A ruptura desvelouna este mércores a revista ¡Hola!, aínda que a parella xa interrompera a convivencia no verán. En concreto, foi en agosto cando decidiron vivir en casas separadas polos problemas na súa relación.

A presentadora de Ya es mediodía e o avogado Carlos Pardo, os dous de ascendencia galega, casaron en Compostela en xullo de 2008. Ao enlace acudiron os Príncipes de Asturias, xa que Ónega é moi amiga da Raíña Letizia desde que as dúas coincidiron na CNN. De feito, a filla do xornalista de Pol Fernando Ónega foi testemuña na voda dos Reis.

O matrimonio tivo dous fillos, Yago e Gonzalo. Ao parecer, tras o fin da relación non hai terceiras persoas implicadas.

Comentarios