Susto nun concerto do Panorama que acabou con seis feridos

O vento provocou o desprendemento dun panel, dando por concluído o concerto unha hora logo do seu comezo

O concerto da orquestra Panorama en Santa Marta de Tormes, Salamanca, terminou antes do previsto na madrugada deste martes, ao desprenderse un panel do escenario apróximadamente unha hora despois do inicio da actuación, segundo informa La Gaceta de Salamanca.

Os fortes refachos de vento foron as causantes deste suceso que deixou seis feridos entre o público de carácter leve, entre os que figuraban dúas concelleiras da localidade. Ademais, outras dúas persoas precisaron ser trasladadas ao centro médico de referencia.