Támara Falcó, nova marquesa de Griñón

A filla de Isabel Preysler e gañadora da cuarta edición de 'MasterChef Celebrity' herdará o título nobiliario máis familiar
Tamara Falcó. INSTAGRAM
photo_camera Tamara Falcó. INSTAGRAM

 Tamara Falcó, a única filla que tivo o empresario de éxito Carlos Falcó con Isabel Preysler, herdou o título de marquesa de Griñón, segundo deixou disposto o seu pai no testamento antes do seu falecemento o pasado 20 de marzo por coronavirus. "Grazas papi por deixarme o legado máis bonito que se lle pode deixar a unha filla: o teu amor", escribiu este mércores no seu perfil de Instagram Tamara Falcó, unhas cariñosas palabras xunto a tres fotografías nas que fai referencia á súa nova condición de marquesa de Griñón. 

Nas imaxes, Tamara Falcó, gañadora da cuarta edición de MasterChef Celebrity, aparece posando, cun vestido de flores moi primaveral, nun sofá de vimbia xunto á piscina interior da súa residencia cun libro sobre o seu colo.  Outra das imaxes é o libro Entender de vino, escrito polo seu pai e na terceira foto mostra o escudo de armas que corresponde ao marquesado de Griñón. 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Gracias Papi por dejarme el legado más bonito que se le puede dejar a una hija: tu amor

Una publicación compartida de Tamara Falcó (@tamara_falco) el

Carlos Falcó, marqués de Griñón, Grande de España, marqués de Castel-Moncayo, cofundador do Club Século XXI, presidente do Círculo Español do Luxo Fortuny, un empresario de éxito amante do aceite e do viño, casado en catro ocasións e pai de cinco fillos, deixou disposto no seu testamento que o título nobiliario máis familiar o herde a súa filla menor, unha decisión que Tamara Falcó descoñecía.

Así, aos seus 38 anos, Tamara Falcó é a nova marquesa de Griñón, mentres que Manolo, o primoxénito que Carlos Falco tivo con Jeannine Girod, o seu primeiro matrimonio que durou sete anos, herda o grao de Grandeza de España, que é o de marqués de Castel-Moncayo; e Xandra, a segunda filla que Carlos Falcó tivo xunto a Girod, hai tempo que xa goza do título de marquesa de Mirabel

Comentarios