Terelu Campos someterase a unha dobre mastectomía

A filla de María Teresa Campos tomou a decisión por se se reproducisen os tumores malignos que padeceu os últimos anos

A comunicadora Terelu Campos está decidida a someterse a unha dobre mastectomía. Así o confesou este mércores nunha entrevista concedida na revista ¡Hola!. Nela, asegura que se trata dunha decisión moi meditada e que non tomou durante os últimos días a treo.

A filla de María Teresa Campos móstrase convencida para dar o paso porque a alternativa "serían 25 ou 30 sesións de radioterapia e cinco anos de tratamento hormonal con pastillas". Ao que engade, "quen me asegura a min que despois non me volva aparecer outro tumor?".

Na entrevista en exclusiva deste mércores confesa que a súa maior tranquilidade sería "non transmitirlle xeneticamente a enfermidade" á súa filla, Alejandra Rubio, que acaba de cumprir 18 anos. "Quero que estea un pouco afastada de todo isto. Que poña un pouco de distancia polo medio. É unha nena, estamos no verán e ten que gozar da vida", di Campos.

Ademais, a colaboradora de Sálvame afirma que pensa someterse a todas as intervencións cirúrxicas en España. "Temos médicos boísimos", relata.

Comentarios