O tirador de El Paso: un mozo de 21 anos que quería acabar coa "invasión latina"

As autoridades confirman que se trata dun delito de odio por parte dun novo supremacista branco
Patrick Crusius, el autor del tiroteo de El Paso. EP
photo_camera Patrick Crusius, el autor del tiroteo de El Paso. EP

Patrick Crusius é o mozo de 21 anos que se entregou logo de irromper nun centro comercial de El Paso, cidade estadounidense fronteiriza con México, e acabar coa vida de 20 persoas, ademais de deixar outras 26 feridas.

Horas antes da masacre, este mozo, que vive nun suburbio de Dallas, publicaría un manifesto na web 8chan na que aseguraba ía dar "unha resposta á invasión hispana de Texas".

Segundo Greg Allen, inspector de policía de El Paso, o sospeitoso "é un home branco de 21 anos" que se entregou ás autoridades sen opor resistencia e a investigación preliminar apunta "un vínculo cun delito de odio".

O presidente de Estados Unidos non tardou en pronunciarse. "O tiroteo de hoxe en El Paso, Texas, non só foi tráxico, foi un acto de covardía", escribiu Donald Trump na súa conta de Twitter sobre o ataque levado a cabo por un sospeitoso de 21 anos que se entregou á policía.

O mandatario engadiu que "non hai razóns ou escusas que xustifiquen o asasinato de persoas inocentes".

"Sei que estou con todos neste país para condenar o acto de odio de hoxe", asegurou antes de enviar, no seu nome e no da súa esposa, Melania, as súas máis sinceras condolencias aos habitantes de Texas.

A matanza produciuse este sábado nuns grandes almacéns da compañía Walmart no sur del Paso, cidade fronteiriza con México con preto de 700.000 habitantes.