Torra adianta as eleccións pola "falta de lealdade" de ERC

Constata o final da lexislatura anunciando que, tras a aprobación dos orzamentos ,dará a coñecer a data dos comicios autonómicos 
Quim Torra. QUIQUE GARCÍA
photo_camera Quim Torra. QUIQUE GARCÍA

O presidente da Generalitat, Quim Torra, anunciou este mércores que Cataluña vivirá un novo avance electoral, pero esperará a anunciar a data das eleccións a que se aproben os Orzamentos da Generalitat 2020: "Esta lexislatura xa non ten máis percorrido político. Chega á súa fin". 

Así se pronunciou nunha declaración institucional convocada sen avisar aos seus socios de Govern (ERC), aos que reprochou a súa falta de lealdade por non defender a súa acta de deputado, o que ao seu xuízo "pon en perigo" a súa condición de presidente, a Presidencia da Generalitat e a Cataluña. 

A pesar de constatar que non hai máis marxe para seguir coa lexislatura, dixo que, por responsabilidade, mantena para que Cataluña teña uns Orzamentos, que seguen prorrogados desde 2017 e que levará ao Parlamento catalán este mércores pola tarde, pero, despois de que se aproben as contas, adiantará os comicios: "É imprescindible volver dar a palabra á cidadanía para renovar o mandato de 2017". 

Así o manifestou nunha comparecencia que supuxo unha "sorpresa" no seo de ERC, que recoñecía non saber o contido do discurso de Torra. Advirten que, ante a unilateralidade do president pasarán a tomar "as súas propias decisións".

Comentarios