Quim Torra: "Volver atrás non é ningunha opción"

No aniversario do 27-O, o president catalán declara que non renunciará á autodeterminación de Cataluña 

Quin Torra.JORDI BEDMAR (Efe)
photo_camera QuimTorra.JORDI BEDMAR (Efe)

O president da Generalitat, Quim Torra, afirmou este sábado que "ninguén di que será fácil, pero volver atrás non é ningunha opción" e que o compromiso coa liberdade, os dereitos civís e a democracia non será nunca a moeda de cambio de ningunha negociación, coincidindo co primeiro aniversario da declaración de independencia do 27 de outubro.

Nunha declaración institucional desde o Palau da Generalitat, asegurou que o dereito á autodeterminación non é propiedade de ningún goberno nin de ningunha circunstancia, senón que é un dereito do pobo de Cataluña ao que non renunciará nunca, segundo dixo.

Torra insistiu en que non aceptará unha sentenza condenatoria contra os políticos independentistas que serán xulgados polo Tribunal Supremo (TS) polo proceso soberanista e reclamou a súa absolución e o retorno dos dirixentes no estranxeiro, ademais do fin de todas as causas contra represaliados, como cidadáns, activistas, alcaldes ou concelleiros que participaron no referendo.

Engadiu que se enfrontará a unha eventual sentenza condenatoria "coa determinación do Primeiro de outubro e a forza e a solidariedade do 3 de outubro" e manifestou que Cataluña non aceptará nunca que votar sexa delito, que organizar un referendo sexa un crime perseguido polo Código Penal nin que non poida decidir o seu futuro libremente e democraticamente e ratificalo no Parlament como sucedeu o 27-O.

XUíZO A TODO O POBO DE CATALUÑA

Tamén asegurou que o xuízo do TS é contra todo o pobo de Cataluña e os tres consensos que cohesionan a sociedade catalá: "Primeiro, que nos queremos republicanos; segundo, que nos negamos a tolerar a represión contra políticos demócratas e cidadáns libres que protestan ou se expresan, e terceiro, que este pobo ten todo o dereito a autodeterminarse".

Recordou que o 27 de outubro de 2017 o Parlament fixo unha proclamación política da república catalá cun chamamento a construír "un Estado que transforme en acción e conduta as aspiracións colectivas". 
"Ë unha apelación á cal sentimos absolutamente ligados e obrigados", expresou, aínda que sinalou que o último ano non transcorreu como desexaban.

"A maquinaria represora do Estado pretendeu esmagar a democracia catalá, destituíndo a un Govern escollido democraticamente e disolvendo un Parlament cunha maioría independentista que non lles gustaba", dixo, e lamentou que despois de que os soberanistas gañasen as eleccións do 21 de decembro, os dirixentes independentistas están ás portas dun xuízo que cualificou de farsa. 

Comentarios