O toureiro Fran Rivera, de peregrinación por Galicia

O fillo de Paquirri e Carmina Ordóñez iniciou a ruta mozárabe hai tres semanas en Sevilla

Fran Rivera
photo_camera Fran Rivera

A presenza do toureiro Fran Rivera, un habitual das revistas de corazón, non pasou desapercibida por Ourense nin pola provincia de Pontevedra. O fillo de Paquirri e de Carmina Ordóñez está de peregrinación cara a Compostela, perfectamente equipado e cun bastón de madeira. Vai acompañado por uns amigos. 

En Ourense foi recoñecido pola xente e en Dozón e a comarca do Deza tamén foi abordado por algunhas persoas. Diríxese cara ao Obradoiro tras iniciar a súa peregrinación pola ruta mozárabe hai tres semanas en Sevilla, como el mesmo confesou.

O toureiro Francisco Rivera Ordóñez, que agora se fai chamar Paquirri en homenaxe ao seu pai, naceu en Madrid hai 44 anos.

Comentarios