El tiempo
sábado. 04.02.2023
El tiempo

O Tribunal de Contas reclama 4,1 millóns ao Govern de Puigdemont polo 1-O

Carles Puigdemont y el resto del Gobierno cesado de la Generalitat. JORDI BEDMAR (EFE)
O Govern presidido por Carles Puigdemont. ARQUIVO

O Tribunal de Contas estimou en 4,1 millóns de euros a cantidade provisional de diñeiro público que o Goberno da Generalitat presidido por Carles Puigdemont desviou para organizar o referendo ilegal do 1 de outubro de 2017. Segundo confirmaron a Efe fontes da Fiscalía, esta é a cantidade que agora reclama o Tribunal de Contas a Puigdemont e a outros 31 cargos e exaltos cargos da Generalitat, e que foi notificada ás partes.

O Tribunal de Contas citara este martes aos representantes legais de Puigdemont, do exvicepresidente Oriol Junqueras e do resto de cargos da Generalitat para fixar a liquidación provisional dos gastos ocasionados polo referendo.

Prevese que ao finalizar a vista, o tribunal requira aos citados para que paguen ou avalen eses 4,1 millóns de euros. En caso de non facelo, procederíase ao embargo solidario dos seus bens.

O Tribunal de Contas reclama 4,1 millóns ao Govern de Puigdemont...
comentarios