miércoles. 01.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 01.12.2021
El tiempo

O tribunal de 'La Manada' dita outra sentenza polémica

El abogado de tres de los cinco procesados por la presunta violación grupal atiende a los periodistas a su llegada al Palacio de Justicia. VILLAR LÓPEZ (EFE)
El Palacio de Justicia de Navarra. VILLAR LÓPEZ (EFE)

Condena só a 10 meses a un home por acoitelar e tratar de asfixiar á súa muller en presenza dos seus fillos

Os xuíces do caso da Manada, José Francisco Cobo Sáenz, Ricardo Javier González e Raquel Fernandino Nosti, volven ser noticia por outra sentenza polémica. Segundo informa Público, os maxistrados descartan un delito de tentativa de homicidio e só ven un de malos tratos ocasionais para un home que atacou cun coitelo á súa esposa e tratou de estrangulala en presenza dos fillos de ambos, de tres e seis anos.

A Fiscalía pedía oito e medio anos de cárcere para o acusado e a acusación particular, dez. En cambio, este tribunal da Audiencia de Navarra sentenciou a dez meses ao home, que recoñeceu que atacou á súa muller, da que estaba en trámites de divorcio.

Segundo a sentenza, que cita Público, os feitos probados son "constitutivos dun delito de homicidio en grao de tentativa", pero esa tentativa "foi desistida de forma eficaz".

Unha das fillas, de seis anos, díxolle ao seu pai: "Déixaa, non a mates"

A parella, segundo o fallo, levaba seis meses separada. A tres días de asinar o divorcio, o home foi á vivenda onde vivían a súa muller e os seus dous fillos para desmontar un computador. Entón produciuse unha "forte discusión", no medio da cal o home foi á cociña, "colleu un coitelo de 15 centímetros" e esgrimiuno ante ela "sendo consciente de que podía pór en perigo a súa vida".

A sentenza indica que entón se produciu un forcexo e a muller sufriu "unha ferida incisa moi superficial, de 1 centímetro de traxectoria lineal irregular". Despois caeron ao chan e o home agarrouna polo pescozo presionándoo ata que á muller empezou a faltarlle o aire. 

"Ao ver o seu crecente estado de asfixia, de modo consciente e voluntario deixou de apertar o pescozo, pondo fin á situación de perigo para a súa vida", conclúe a sentenza, que recolle tamén que unha das fillas, de seis anos, díxolle ao seu pai: "Déixaa, non a mates".

O tribunal de 'La Manada' dita outra sentenza polémica
comentarios