Trump, á espera dunha carta de Kim Jong-un

O presidente norteamericano cre que a misiva "será positiva"

Donald Trump. MARK LYONS
photo_camera Donald Trump. MARK LYONS

O presidente estadounidense, Donald Trump, dixo este venres que o líder norcoreano, Kim Jong-un, envioulle outra carta que espera recibir pronto, e confiou en que sexa "positiva" e axude a desbloquear o diálogo bilateral para a desnuclearización de Corea do Norte.

"Sei que me van a entregar unha carta, unha carta persoal de Kim Jong-un para min, que se entregou onte na fronteira (intercoreana)", dixo Trump en declaracións aos xornalistas no avión presidencial Air Force One.

"Creo que será unha carta positiva. Temos que iniciar ese proceso", engadiu, en aparente referencia ás negociacións para a desnuclearización do hermético país.

Comentarios