A UE designa tras unha tensa negociación á búlgara Georgieva como candidata a dirixir FMI

A directora executiva do Banco Mundial impúxose ao holandés Dijsselbloem, aínda que ningún contou coa maioría cualificada
Georgieva y Dijsselbloem. EFE
photo_camera Georgieva e Dijsselbloem. EFE

A directora executiva do Banco Mundial, a búlgara Kristalina Georgieva, impúxose este venres ao exministro holandés de Finanzas e expresidente do Eurogrupo, Jeroen Dijsselbloem, como candidata europea para suceder a Christine Lagarde á fronte do Fondo Monetario Internacional (FMI). Os dous quedaron como únicos adversarios despois de que España retirase este venres a candidatura da ministra de Economía en funcións, a coruñesa Nadia Calviñoen aras de facilitar o consenso na UE e para así poder "manter para Europa a cadeira do FMI". 

Con ese obxectivo tamén deu un paso atrás o gobernador do Banco de Finlandia, Olli Rehn. Este último fíxoo tras a primeira votación, na que, como era previsible, ningún dos candidatos conseguiu un apoio maioritario dos socios comunitarios. O xoves tamén renunciou ás súas aspiracións o presidente do Eurogrupo e ministro de Finanzas luso, Mário Centeo

Aínda que a batalla por encabezar a institución con sede en Washington se estenderá ata o 4 de outubro, o prazo para presentar as candidaturas finaliza o 6 de setembro. Os 24 membros do directorio executivo entrevistaranse cos pretendentes, que deben ter experiencia recoñecida en política económica, unha bagaxe profesional "excepcional" e habilidades diplomáticas contrastadas. A pesar das esixencias, os tres últimos responsables —Dominique Strauss-Kahn, Rodrigo Rato e a propia Christine Lagarde— víronse envoltos en escándalos xudiciais

As opcións do candidato europeo son elevadas, pois en toda a historia do organismo —constituído en 1945 e integrado por 189 países— os directores xerentes procedían do vello continente. Únicamente os estadounidenses Anne Osborn e John Lipsky ocuparon o cargo en 2004 e 2011 de forma interina por uns meses. A cambio, EE.UU. mantén o control do Banco Mundial. 

Así, todo indica que a búlgara Kristalina Georgieva será a próxima responsable do FMI, pois os 28 alcanzaron este venres un acordo para a súa elección pasadas as 21.00 horas tras doce de negociación e tres votacións. Impúxose a pesar de que non conseguiu a maioría cualificada, que pasaba por obter o apoio de polo menos un 55% dos estados que representen o 65% da poboación europea.

Aínda que Dijsselbloem se opuxo nun inicio á súa designación, finalmente cedeu e felicitou a súa adversaria en Twitter. A urxencia obedece á presión dos países emerxentes, interesados en acabar co monopolio europeo da institución, que inxecta financiamento aos estados en crises.

Comentarios