Urkullu visita a Junqueras no cárcere por razóns "humanitarias"

O líder independentista atopábase "sereno"

Iñigo Urkullu. EFE
photo_camera Iñigo Urkullu. EFE

O lehendakari, Iñigo Urkullu, mantivo un encontro este pasado martes no cárcere de Lledoners (Barcelona) co líder de ERC, Oriol Junqueras, nunha visita "privada, de razón, fundamentalmente, humanitaria", segundo informaron a Europa Press fontes de Lehendakaritza. 

Durante a visita, de dúas horas de duración, o lehendakari atopou a Oriol Junqueras "moi consciente" da situación. Persoalmente, e a pesar das súas circunstancias derivadas do encarceramento hai xa nove meses e do proceso xudicial ao que se enfrontará cando previsiblemente se celebre no outono o xuízo sobre o proceso independentista catalán, o líder independentista atopábase "sereno, á vez que interesado no mellor para a súa contorna familiar e política, como tamén para o conxunto da sociedade catalá", indicaron as mesmas fontes. 

O Goberno vasco "sempre" tivo presente a posibilidade de manter este encontro, pendente de compartir tamén reflexións. O lehendakari mantivo e mantén unha relación "intensa" con representantes institucionais, sociais e dirixentes políticos cataláns, incluído os responsables de ERC. 

Froito desta relación, xurdiu a posibilidade desta reunión que tanto a Oriol Junqueras como o lehendakari Urkullu estiveron de acordo en manter. 

Comentarios