Valtonyc fuxe de España para evitar a súa inminente entrada en prisión

O rapeiro publicou nas redes que a desobediencia "é lexítima" e que non llo ía pór "tan fácil" ao Estado

José Miguel Arenas Beltrán, Valtonyc
photo_camera José Miguel Arenas Beltrán, Valtonyc

O rapeiro mallorquino Valtonyc marchouse a Bélxica en vésperas de que este xoves acabe o prazo de 10 días que lle concedeu a Audiencia Nacional para empezar a cumprir a condena de 3,5 anos de prisión que pesa sobre el por enaltecemento do terrorismo, inxurias á Coroa e ameazas.

Segundo informou TV3 citando fontes da súa contorna, José Miguel Arebas Beltrán, Valtonyc, saíu de España co propósito de eludir a acción da xustiza.

O maxistrado xa avanzou que emitirá unha orde de procura e captura a todas as forzas e corpos de seguridade do Estado.

O rapeiro asegurou en Twitter que "mañá é o día" e que non o vai a "pór tan fácil". "Mañá van tombar a porta da miña casa para meterme no cárcere por unhas cancións", agrega. 

Valtonyc tiña "máis de 20 billetes de avión" ao seu nome comprados por usuarios de Twitter co obxectivo de "trolear" á Policía

No mesmo mensaxe di que "mañá España vai facer o ridículo, unha vez máis". "Non llo vou a pór tan fácil, desobedecer é lexítimo e obrigación ante este estado fascista. Aquí non se rende ninguén", asegura. 

Cabe resaltar que o pasado 18 de maio, o rapero afirmaba tamén mediante as redes sociais que tiña "máis de 20 billetes de avión" ao seu nome comprados por usuarios de Twitter co obxectivo de "trolear" á Policía. 

Os simpatizantes do rapeiro responderon deste xeito o oficio remitido a varias compañías aéreas para controlar de maneira preventiva a posibilidade de que abandone a illa, con calquera destino, entre o 15 e o 24 de maio. 

Comentarios