Vox querélase contra Zapatero por colaborar con Eta

Acusa o expresidente de "colaboración con banda armada"

Santiago Abascal. EFE
photo_camera Santiago Abascal. EFE

Vox presentou este xoves unha querela criminal na Audiencia Nacional contra o expresidente o Goberno José Luís Rodríguez Zapatero na que o acusa de, entre outros, un delito de colaboración "con banda armada" e anunciou que non participará na homenaxe ás vítimas do terrorismo que organiza este xoves ao mediodía o Congreso dos Deputados. 

O encargado de realizar este anuncio foi o presidente de Vox, Santiago Abascal, nunha rolda de prensa que ofreceu na Cámara Baixa despois de que a súa formación formalizase a presentación desta querela. 

En concreto, Vox acusa a Zapatero de colaboración con banda terrorista, revelación de segredos e omisión do deber de perseguir os delitos, por supostamente alertar de detencións de etarras en Francia durante a negociación que o seu Goberno mantivo coa banda terrorista. 

Comentarios