A xuíza do caso Cifuentes abre unha investigación sobre o máster de Casado

O vicesecretario de Comunicación do PP matriculouse nun curso distinto ao da expresidenta

Pablo Casado, en una rueda de prensa reciente. RAÚL SANCHIDRIÁN
photo_camera Pablo Casado, en una rueda de prensa reciente. RAÚL SANCHIDRIÁN

A xuíza que instrúe o caso do máster de Cristina Cifuentes, Carmen Rodríguez-Medel, abriu unha investigación específica para aclarar como obtivo o mesmo máster o vicesecretario de Comunicación do PP, Pablo Casado, quen se matriculou nun curso distinto á expresidenta.

Así o asegura eldiario.es, que afirma que a xuíza ordenou abrir unha nova peza separada do caso de Cifuentes tras escoitar a declaración do director deste medio de comunicación, Ignacio Escolar.

O pasado 10 de abril, días despois de coñecerse o caso de Cristina Cifuentes, Pablo Casado presentou a documentación sobre o máster de Dereito Autonómico e Local que realizou en 2008 na Universidade Rey Juan Carlos, unha titulación de 22 materias das que 18 foron validadas.

Casado explicou que fixera ese máster como requisito para acceder ao doutoramento, e mostrou varios documentos que xustificaban a obtención do título: inscrición, pago fraccionado da matrícula, solicitude e aceptación de convalidacións e catro traballos cos que evitou ir a clase para cursar os 20 créditos que lle faltaban.

Comentarios