A Junta asume o custo dos 700.000 euros que custou o rescate de Julen

O portavoz do goberno autonómico, Elías Bendodo, explica que o Executivo central non ten competencias nestes labores

Operativo de rescate en Totalán. ÁLVARO CABRERA (EFE)
photo_camera Operativo de rescate en Totalán. ÁLVARO CABRERA (EFE)

A Junta de Andalucía asumirá os 700.000 euros de custo do rescate do pequeno Julen, que caeu nun pozo de Totalán (Málaga) o pasado 13 de xaneiro, como administración que é máxima responsable dos labores de urxencias na comunidade.

O portavoz do Goberno e conselleiro da Presidencia, Elías Bendodo, explicou na rolda de prensa posterior ao Consello de Goberno que o primeiro avance dos custos establece que todas as actuacións que se fixeron suman uns 700.000 euros.

Recordou que o Executivo central xa manifestou que non ten competencias nestes labores, polo que "o custo vaino a asumir integramente a Junta de Andalucía".

Bendodo explicou que o Goberno autonómico "nin moito menos vai facer un problema con isto" e asúmeo como competencia propia.

Comentarios