O youtuber Ryker Gamble morre ao caer por unha fervenza en Canadá

Dous amigos que acompañaban ao coñecido 'vlogger' faleceron tamén ►Dúas das vítimas formaban parte do grupo de 'influencers' High On Life

Ryker Gumble. INSTAGRAM
photo_camera Ryker Gumble. INSTAGRAM

Ryker Gamble faleceu tras precipiarse por unha das famosas fervenzas Shannon Falls, en Canadá. O accidente acabou coa vida do influencer e doutros dous compañeiros, Alexey Lyakh e Megan Scraper, que se atopaban xunto a el.

O incidente ocorreu mentres os mozos gozaban das piscinas das Shannon Falls e foi causado por un resbalón de Scraper. Ao ver á súa compañeira en apertos  Gamble e Lyakh intentaron axudala, pero finalmente foron arrastrados pola corrente, o que fixo que os tres caesen por unha fervenza de 30 metros.

Os equipos de rescate e procura atoparon os corpos sen vida dos viaxeiros no momento que conseguiron acceder á zona. O rango de idade no que se atopaban os tres  ía de 20 a 30 anos.

High on Life era o grupo de vlogging de viaxes do que formaban parte Ryker Gamble e Alexey Lyakh, o cal sumaba máis dun millón de seguidores na rede social Instagram. Na súa conta persoal, Gamble contaba con ao redor de 70.000 followers, unha cifra ínfima comparada cos case 500.000 subscritores da súa canle de Youtube. Os falecidos compartían as súas experiencias co obxectivo de "abrazar todas as oportunidades da vida con perspectiva e enerxía positivas", segundo eles mesmos afirmaban.

Comentarios