Zaplana pide ser posto en liberdade pola súa enfermidade

Padece leucemia desde 2015 e tras ser sometido a un transplante de médula ósea recibe tratamento no hospital da Fe de Valencia

Eduardo Zaplana, a su llegada a su chalé de Benidorm para el registro. MORELL (EFE)
photo_camera Eduardo Zaplana, a su llegada a su chalé de Benidorm para el registro. MORELL (EFE)

Os avogados do presidente da Comunidade Valenciana, Eduardo Zaplana, pediron ao xuíz que ordenou o martes a súa detención que o poña en liberdade debido á leucemia que padece, unha petición á que se opuxo a Fiscalía.

Fontes xurídicas informaron a Efe da petición dos avogados de Zaplana, a quen lle diagnosticaron unha leucemia en 2015 e, tras someterse a un transplante de medula, recibe tratamento no hospital da Fe de Valencia.

A Fiscalía decidiu oporse a esa petición debido a que o martes foi examinado e non se atopou ningunha causa que impedise a súa retención e a súa presenza nos rexistros, segundo as fontes consultadas por Efe.

O exministro foi arrestado no marco da operación Eraial por supostos delitos de suborno, malversación, prevaricación e branqueo xunto a outras seis persoas, entre elas dous sobriños de Juan Cotino, ex director xeneral da Policía, exvicepresidente autonómico e expresidente das Cortes Valencianas. 

Comentarios