lunes. 24.01.2022 |
El tiempo
lunes. 24.01.2022
El tiempo

O arcebispo Julián Barrio reúnese co papa Francisco

O arcebispo de Santiago, Julián Barrio, durante a cerimonia de peche da Porta Santa da catedral compostelá en 2010.  AEP
Julián Barrio, arzobispo de Santiago. AEP
"Ten interese en visitar Santiago, pero depende de moitas circunstancias", afirma

O arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio, dixo que ten "esperanza" en que o papa Francisco viaxe a esta localidade en 2022 en ocasión do Ano Santo Xacobeo e que Francisco "ten interese" nesta cita, aínda que todo dependerá das circunstancias

Barrio fixo estás declaracións aos medios tras reunirse con Francisco con motivo da visita "ad"Limina , a que realizan todos os bispos de cada país cada cinco anos ao papa, e que este xoves tocou aos das dioceses de Santiago de Compostela, Oviedo, Burgos, Pamplona e Tudela e Zaragoza.

"Eu teño toda a esperanza, pero depende e moitas circunstancias e de moitos factores de como nos atopamos agora", manifestou Barrio, aínda que quixo precisar que "o papa ten interese para vir a Santiago, pero isto non quere dicir que ese desexo o poida realizar ao cento por cento dadas as circunstancias nas que nos atopamos".

O arcebispo compartiu as palabras de Francisco de que "ir a Santiago é vir a Europa". "Estamos nun momento no que necesitamos ese impulso e esas ideas, eses pensamentos, que temos que tratar de reavivar na realidade de Europa", engadiu.

O encontro con este segundo grupo de bispos da visita ad Limina, que concluirá en xaneiro, durou preto de dúas horas e media e aínda que non quixo desvelar os temas tratados, Barrio asegurou que se tratou dun coloquio "sen censuras" onde cada un explicou o que se vive nas súas respectivas dioceses.

O arcebispo Julián Barrio reúnese co papa Francisco
comentarios