Axudas por 3,6 millóns para que as axencias de viaxes promocionen Galicia

"Van ser fundamentais para a recuperación. Neste momento tan complicado o que hai que facer é axudalas", afirma Alfonso Rueda
Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta. EFE
photo_camera Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta. EFE

As axencias de viaxe que operan en Galicia poden pedir xa as axudas da Xunta para gastos de seguros de caución, dixitalización e comercialización de novos produtos por un importe total de 2,4 millóns de euros, que supoñen dous terzos dos 3,6 millóns que o Goberno galego destinará a este sector para que promocione a comunidade e o Xacobeo como destino seguro.

Así o subliñou en Vigo este luns o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante unha visita á axencia Bivestour, na que estiveron representantes da Asociación Galega de Axencias de Viaxes (Agavi) e da Asociación Provincial de Axencias de Viaxes de Pontevedra (Avipo).

Estas axudas, segundo destacou Rueda, permitirán renovar e actualizar as axencias de viaxes, as cales poderán valerse delas para prepararse para a recuperación do sector co deseño de novos paquetes turísticos que impulsen a imaxe de Galicia.

Esta mesma semana, segundo anunciou o vicepresidente primeiro, publicaranse no DOG as segundas axudas, por valor de 1,2 millóns, que están destinadas ao pago de hipotecas e alugueres.

Rueda recordou que, ademais, as axencias de viaxes forman parte das empresas turísticas que se van a beneficiar do plan de choque da Xunta par a recuperación do turismo

“As axencias de viaxes van ser fundamentais para a recuperación. Neste momento tan complicado o que hai que facer é axudalas, e iso é o que está a facer a Xunta”, dixo Rueda.

As axudas para as axencias de viaxes foron acordadas co sector e súmanse á que a Xunta adiantou o ano pasado por un importe de 1,3 millóns de euros: 500.000 euros para a primeira campaña de Galicia Destino Seguro e 800.000 para operadores de turismo e axencias con máis de dez empregados.

Rueda recordou que, ademais, as axencias de viaxes forman parte das empresas turísticas que se van a beneficiar do plan de choque da Xunta par a recuperación do turismo, con iniciativas como o seguro coronavirus, o bono turístico ou o programa Elixe Galicia, co obxectivo de reforzar a confianza na comunidade como destino turístico seguro. 

Comentarios