O Camiño bate marcas: 21.000 pereginos no que vai de ano

Alfonso Rueda cualificou estas cifras como "históricas" nun acto celebrado este xoves en Arzúa, no que presentou un novo sistema de medición de camiñantes
 
El vicepresidente en Arzúa, este jueves. EFE
photo_camera O vicepresidente en Arzúa, este xoves. EFE

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, augurou un ano "histórico" para o Camiño de Santiago, dado que desde comezos de ano xa se superaron os 20.700 camiñantes, a cifra máis alta neste mesmo período en toda a historia do Camiño e do Xacobeo. 

Así o expresou o vicepresidente este xoves durante unha visita a Arzúa, na que asistiu á presentación dunha experiencia piloto para pór en marcha un sistema de medición do número real de peregrinos, complementario ás estatísticas de Compostelas seladas na Oficina de Acollida ao Peregrino. 

Tal e como destacou o conselleiro de Turismo, este mércores seláronse 1.600 Compostelas, "o máximo diario de 2022". "Os números indican que xa levamos máis peregrinos que en 2019, o último ano normal, e tamén máis que en 2010, tamén Ano Santo. O ano pasado a estas alturas déronse 1.000", explicou, tras o que insistiu en que este pode ser un "ano marca". 

Segundo explica a Xunta nun comunicado, superáronse os rexistros de xaneiro a mediados de abril tanto fronte ás máis de 18.600 Compostelas no ano marca de 2019 como ás máis de 19.100 do anterior Xacobeo 2010

Remarcan que as estatísticas mostran que se está reactivando a peregrinación internacional, xa que case o 46% dos peregrinos chegados a Santiago desde xaneiro proceden doutros países. Destaca Portugal, que representa máis dun 8%, seguido de Alemaña, Estados Unidos, Italia, México, Francia ou Reino Unido. 

Apuntan ademais que a maior afluencia no Camiño de Santiago tamén é "un bo termómetro para mediar as boas perspectivas turísticas para a Semana Santa", na que se prevén ocupacións de entre o 60% e o 80%, "incluso superiores en zonas como Santiago de Compostela, Ferrol ou Viveiro, Ribeira Sacra e Ourense".

Novos sistema para contabilizar peregrinos
Este xoves presentouse unha experiencia piloto para un sistema de medición, a través de teléfonos móbiles wifi e bluetooth, do número real de peregrinos que transitan polas Rutas Xacobeas. 

Nun primeiro momento o lugar de mediación estará instalado en puntos estratéxicos do Camiño Francés, a ruta xacobea máis transitada e que concentra máis da metade da afluencia, pero o obxectivo é poder telo en todos os tramos destas rutas "no menor tempo posible", destacou Roda.

Comentarios