El tiempo
miércoles. 28.09.2022
El tiempo

O Camiño de Santiago reúne en Sarria a un grupo de músicos de Cuba

Os integrantes do grupo, este luns na Praza Juan María López. R.V.L
Os integrantes, que inician este martes a ruta xacobea, actuaron na vila dentro do ciclo As Tardiñas de Santa Mariña

O ciclo musical As Tardiñas de Santa Mariña, organizado polo Concello de Sarria na Praza Juan María López, reuniu este luns a un grupo de músicos procedente de Cuba que comeza este martes o Camiño de Santiago.

Segundo indica un dos integrantes, José Conde, todo arrincou a raíz do proxecto Os Camiños de Cuba, no que "un conxunto de cubanos que vivimos en Europa decidimos atoparnos, unha vez ao ano, nun país distinto do continente". Nesta ocasión, e tras bastante tempo querendo percorrer o Camiño, decidiu reunirse na ruta con outro músico e amigo, Xullo Hernández. A este non o coñecía en persoa, só polas redes sociais. Desde fai 16 anos comunicábanse por elas e ao fin puido atoparse este luns con el grazas a esta actuación.

Coincidindo coas vacacións de ambos, animáronse a embarcarse nesta aventura, a través da "cónsul de Santiago de Compostela e da concelleira de Sarria Reyes Abella, que contactaron connosco e ofrecéronnos este espazo para que podamos tocar".

O seu show pode definirse como "unha invención que ten como basee a unidade, porque somos cubanos que se coñeceron a través das redes sociais, ou ben porque a vida púxonos no mesmo lugar nun momento determinado", sinala Xullo Hernández.

Ademais, tamén estiveron invitados outros tres músicos, dous galegos e un madrileño, que puxeron o broche final que permitiu unir a cultura cubana e a galega.

Segundo afirma, para eles o Camiño é unha experiencia cun compoñente espiritual moi forte, xa que son xornadas duras pero «nunha contorna tan bonita e cunha xente moi boa que persegue un mesmo obxectivo». Ademais, é o xeito de encontro "de moitas culturas que, ao longo da historia, fóronse hermanando e concentrando na Praza do Obradoiro", apunta.

Este grupo de cubanos inicia este martes a ruta xacobea co obxectivo de sumar experiencias e levar a súa arte alá por onde se atopen. A súa viaxe tamén se pode seguir pola súa canle de Youtube, chamado Xuntos por Cuba.<>

O Camiño de Santiago reúne en Sarria a un grupo de músicos de Cuba
comentarios