Chegan á Praza do Obradoiro os catro 'instagramers' que realizaban o Camiño

á súa chegada alegaron que esta iniciativa terá un efecto multiplicador ao ser publicada nas súas redes sociais nas que contan con millóns de seguidores 
undefined
photo_camera Os catro 'instagramers' á súa chegada a Compostela. EUROPA PRESS

Os catro instagrammers galegos que durante catro días percorreron catro das etapas do Camiño Portugués da Costa chegaron este domingo Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela.

Gala González, Martiño Rivas, Xurxo Carreño e Cristina Cerqueiras foron recibidos á súa chegada ante o apóstolo Santiago pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que lles agradeceu a súa aposta polo Camiño e o Xacobeo.

"Estou convencida de que esta viaxe terá un efecto multiplicador non só entre os seguidores habituais dos catro instagrammers, senón tamén entre outras moitas persoas que se interesaron pola súa aventura e que seguramente se van a animar a facer o Camiño e a gozar dunha experiencia tan emocionante como segura", destacou Castro.

Os catro mozos percorreron catro etapas do Camiño Portugués da Costa "para compartir a súa experiencia en redes sociais con catro millóns de seguidores" que suman entre todos eles.

Os instagrammers mostráronse "satisfeitos" aínda que "cansos", informa a Xunta, tras percorrer unha ruta que compartiron cos seus seguidores "nunha orixinal experiencia na que a paisaxe, a gastronomía e as vivencias reais han convivido coas virtuais".

Comentarios