domingo. 16.05.2021 |
El tiempo
domingo. 16.05.2021
El tiempo

Chega a Lugo a exposición itinerante 'O coñecemento no Camiño'

Inauguración da exposición sobre o Camiño en O Vello Cárcere. EP
Inauguración da exposición sobre o Camiño en O Vello Cárcere. EP
Poderá visitarse en O Vello Cárcere
 

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, participaron este xoves na inauguración da exposición O coñecemento no Camiño, organizada pola Liga de Asociacións de Xornalistas do Camiño de Santiago.

Á inauguración acudiu tamén Benigno Lázare, presidente da Asociación de Prensa Lugo, e Pedro Lechuga, presidente da Asociación de Xornalistas de León. A edil de Cultura, Maite Ferreiro, agradeceu ás asociacións organizadoras "que escolleran unha organización tan singular como é o Vello Cárcere para esta mostra".

A exposición está formada por nove tótems triangulares, de 0.9x2 metros, nos que se aborda a orixe do Camiño, a Vía Láctea e a migración das ocas, a primeira Banca Mundial, a enxeñaría medieval, os distintos tipos de refuxios da época, os lugares máxicos e lendas, o mapa segredo do taboleiro do xogo da oca, a mitoloxía do Camiño e as curiosidades máis interesantes da Ruta Xacobea. Ademais, as paredes do Vello Cárcere mostran unha selección de 30 imaxes dos fotógrafos navarros Villar López e Pablo Lasaosa. 

A exposición itinerante chega a Lugo despois de pasar por Pamplona e O Bierzo, e poderá visitarse no Vello Cárcere. A Liga de Asociacións de Xornalistas do Camiño de Santiago está a levar esta exposición polas cidades do Camiño Francés.

Chega a Lugo a exposición itinerante 'O coñecemento no Camiño'