Galicia promociona esta semana o Xacobeo bianual, que se estenderá ata finais do próximo ano, no World Travel Market, unha das citas máis importantes da industria turística a nivel mundial, que se celebra en Londres neste arranque do mes de novembro.
A promoción internacional do Xacobeo centra a oferta de Galicia na feira, presente dentro do espazo de Turespaña, na que tamén se dan a coñecer os diferentes recursos turísticos da comunidade galega.
O expositor galega conta cun lugar de traballo para atención de citas e encontros que comparte co Clúster Turismo de Galicia, segundo informa a Administración autonómica este luns.
O obxectivo é establecer contactos comerciais con operadores e empresas de servizos turísticos británicos e doutros países presentes na feira e potenciar a comercialización dos produtos que ofrecen as empresas turísticas galegas.