Gastronomía, música e Xacobeo centran o proxecto 'Cocidos do Camiño' en Lalín

Entre o 13 e o 15 de maio terá lugar en Lalín o Festival Gastronómico, con música de Tanxugueiras ou Baiuca, e en outono celebrarse o I Foro Gastronómico do Camiño 
Presentación do proxecto 'Cocidos do Camiño'. EP
photo_camera Presentación do proxecto 'Cocidos do Camiño'. EP

A gastronomía, a cultura e o Camiño de Santiago son os eixos do proxecto Cocidos do Camiño, que este ano, impulsado pola empresa I-Radia Crea en colaboración co Concello de Lalín e Xunta de Galicia, busca darlle continuidade ás iniciativas de intercambio de experiencias gastronómicas no tocante ao vínculo do Camiño coa Feira do Cocido de Lalín, recoñecida como unha das Festas de Interese Turístico Nacional.

A Casa do Concello de Lalín acolleu esta mañá a presentación da programación completa de Cocidos do Camiño coa participación do Vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, o alcalde de Lalín, José Crespo, Carlos Montilla, director de I-Radia Crea, e Álex Iglesias, chef do Restaurante Cabanas que participará no Festival Gastronómico en representación do Cocido Lalinense e formará parte tamén do comisariado do I Foro Gastronómico do Camiño que terá lugar no marco de Cocidos do Camiño.

Un dos tres eixos sobre os que xira Cocidos do Camiño é a internacionalización do cocido e da Feira. Aproveitando a viaxe dunha expedición da Xunta de Galicia á cidade de Miami, organizada en colaboración ca colectividade galega nos Estados Unidos, haberá unha celebración especial da Encomenda do Cocido na que se nomearán comendadores da Feira a unha serie de personalidades americanas, ademais dunha degustación do Cocido de Lalín no hotel Biltmore da cidade de Miami.

FESTIVAL GASTRONÓMICO. O segundo dos eixos será un festival cun formato de gastronomía inmersiva do 13 ao 15 de maio no Campo da Feira de Lalín, espazo que albergará distintas propostas gastronómica en torno ao Cocido e procedentes dos distintos territorios do Camiño de Santiago 13 ao 15 de maio no Campo da Feira de Lalín funcionará como un punto de encontro para os amantes da gastronomia e da música. Un formato de mercado para todos os públicos onde se poderán degustar diferentes posibilidades gastronómicas elaboradas de xeito simultánea por cociñeiros de renome, e actuacións musicales de gran proxección internacional, que levan con orgullo a nosa lingua, cultura e tradición fóra da nosa terra, como é o caso de Tanxugueiras ou Baiuca, os primeiros nomes que forman parte deste evento cuxas entradas sairán á venda o vindeiro martes ás 12.00 horas.

Ademais, coincidido coa festividade das Letras Galegas, e como clausura do festival, haberá un acto no que se ligará a oralidade e a gastronomía á literatura galega. Unha acción que porá en valor a rica tradición gastronómica galega empregando a gastronomía como un espazo de difusión cultural. Un evento no que se mestuará gastronomía con literatura e no que se contará con personalidades vinculadas á literatura galega.

Presentación de 'Cocidos no Camiño'. LUIS POLO
Presentación de 'Cocidos no Camiño'. LUIS POLO

I FORO GASTRONÓMICO DO CAMIÑO. No outono terá lugar o I Foro Gastronómico do Camiño, unha convocatoria que ten como obxectivo converter a Lalín no quilómetro cero da gastronomía, da súa relación coa cociña de vangarda e da reivindicación da produción agroalimentaria como o piar esencial para afrontar un futuro atractivo feito de posibilidades. 

Un quilómetro cero que abra a cociña galega ao mundo, que se converta no epicentro dunha revolución gastronómica e que o faga desde un dos pratos de referencia do imaxinario gastronómico galego: o cocido de Lalín. Un movemento gastronómico global co que desenvolver accións que se postulen como pioneiras dentro do sector en Galicia e que se sitúen, de igual a igual, na vangarda dos eventos estatais e europeos. 

Para a creación do programa do foro se contará coa presenza de catro comisarios gastronómicos, encargados de conformar un programa coa presenza de distintos profesionais culinarios baixo distintos eixos temáticos: a Sustentabilidade gastronómica, a Memoria gastronómica do Camiño, os Cocidos do Mundo, a Gastronomía, turismo e o territorio e a Vangarda e deseño gastronómico. Creatividade e innovación.

O comisariado do foro gastronómico estará formado por grandes figuras representativas da gastronomía galega e se celebrará en diferentes localizacións de Lalín, integrando desta maneira, o escenario dentro dos contidos que tratarán ao longo dese I Foro Gastronómico do Camiño.

Comentarios