viernes. 07.05.2021 |
El tiempo
viernes. 07.05.2021
El tiempo

O Grupo Compostela de Universidades promove un observatorio de expertos sobre o patrimonio do Camiño

Distintivo do Camiño de Santiago. AEP
Distintivo do Camiño de Santiago. AEP

Este proxecto forma parte do programa 'O Teu Xacobeo'

O Grupo Compostela de Universidades, que agrupa a máis de 60 institucións deste tipo de todo o mundo, puxo en marcha a iniciativa CamiñoLab, que promove a creación dun observatorio de académicos internacionais focalizado no patrimonio do Camiño de Santiago.

Este proxecto, que forma parte do programa O Teu Xacobeo, arrincou coa invitación aos expertos para integrarse no laboratorio e culminará no segundo semestre do ano coa divulgación dos resultados e fitos máis importantes das súas investigacións.

Durante os próximos meses, estes expertos universitarios profundarán nas metodoloxías de catalogación e identificación do patrimonio material e inmaterial do Camiño de Santiago, empezando polo existente en Galicia. Ademais, outorgarán visibilidade aos avances e novidades científicas relacionadas con estas temáticas no ámbito da cultura, as ciencias xurídicas e sociais, e as humanidades.

Co propósito de desenvolver este labor, os académicos manterán reunións a fin de planificar as liñas de investigación e coordinar os traballos e iniciativas. Finalmente, os froitos do estudo académico dos expertos de CamiñoLab serán presentados á comunidade universitaria e divulgados á sociedade mediante a organización dun congreso científico, previsto para setembro de 2021.

O Grupo Compostela de Universidades promove un observatorio de...
comentarios