Juan Antonio Simarro e Rocío Caamaño presentan unha canción sobre o Camiño

O tema será presentado o próximo 13 de abril no evento inaugural da Segunda Edición de O Camiño Creativo– XACOBEO21.22.Emprende!
Juan Antonio Simarro. INSTAGRAM
photo_camera Juan Antonio Simarro. INSTAGRAM

O compositor de teatro, cine e televisión Juan Antonio Simarro e a cantante galega Rocío Caamaño lanzaron unha composición sobre o Camiño de Santiago baixo o nome Meu Camiño.

O tema será presentado o próximo 13 de abril no evento inaugural da Segunda Edición de em <>O Camiño Creativo– XACOBEO21.22.Emprende!, en Lugo.

Na interpretación da canción, Juan Antonio Simarro ao piano estará acompañado pola voz da cantante e compositora galega, Rocío Caamaño, as gaitas de Javier Franco e Christian Castrelo e polo acordeonista Fernando Fraga.

Juan Antonio Simarro explica nun comunicado que atopou a inspiración para compor a melodía tras superar o covid-19, o que confire á canción “un significado máis especial expresado na súa letra que combina as linguas galega e castelá”.

“Sobreporme ao coronavirus fíxome reflexionar e ver a vida doutro xeito. Foi así como veume a inspiración para compor Meu Camiño, que fala sobre o Camiño de Santiago, unha experiencia coa que tamén ao facela, e sobre todo ao finalizala, comezamos unha nova forma de ver a vida”, asegura Simarro.

Comentarios