Obxectivo cumprido: Santiago recibe o peregrino 140.000 deste ano

O Camiño alcanza xa a cifra de compostelas que a Xunta estimaba para todo o ano
Peregrinos no Obradoiro. LUIS POLO
photo_camera Peregrinos en el Obradoiro. LUIS POLO (Agn)

Santiago de Compostela recibiu este luns o peregrino número 140.000 no que vai ano, unha cifra que o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, celebrou como "un éxito colectivo de todos". "Dos hostaleiros, albergueros, voluntarios, tecido asociativo e galegos en xeral que contribuíron a que a mensaxe de Galicia destino seguro chegase a toda España", destacou. 

Coa entrega da Compostela 140.000 do ano —o número real de peregrinos é maior porque non todos piden o certificado— alcánzase a cifra que estimara a Xunta para todo este ano

Alfonso Rueda destacou que alcanzar ese fito tres meses antes confirma o acerto da aposta do Goberno galego pola reactivación do turismo nun ano aínda marcado pola pandemia, no que invitou a camiñar a Galicia "con sentidiño" e respectando sempre as restricións sanitarias. "Houbo xente que nos dicía que nos esquecésemos deste primeiro ano do dobre Xacobeo e que nos centrásemos no 2022. Dixemos que non e apostamos forte por recuperar o turismo xa en 2021, e acertamos", sinalou o vicepresidente primeiro. 

Rueda celebra como "un éxito colectivo" as cifras do Camiño

Rueda recoñeceu que se trata dunha marca "por enriba" das expectativas que avala a "potencia" do Camiño de Santiago, un éxito que atribúe a toda a sociedade galega, especialmente aos hostaleiros que sufriron as consecuencias da pandemia e que en todo momento colaboraron para cumprir e facer cumprir as normas sanitarias". 

As 140.000 compostelas entregadas no que vai de ano superan amplamente as 54.000 do pasado, marcado pola pandemia. En 2019 rexistráronse 350.000, unha marca histórica.

Os datos alcanzados no verán polo turismo en Galicia confirman non só a recuperación do Camiño de Santiago. "En agosto foi a única comunidade que recuperou as cifras de antes da pandemia", sinalou Rueda, quen, en declaracións difundidas aos medios, destacou que cada vez se ven turistas que chegan "de máis lonxe". "Vai ao mesmo ritmo que se están recuperando as conexións internacionais". 

Comentarios