A chegada de Francisco Rivera ao Obradoiro a ritmo de guitarra

O toureiro e Lourdes Montes completaron a ruta xacobea e celebrárono con música e arte
Francisco Rivera, a su paso por Pontevedra. RAFA FARIÑA
photo_camera Francisco Rivera, a su paso por Pontevedra. RAFA FARIÑA

Francisco Rivera e Lourdes Montes culminaron hai días o Camiño de Santiago, tras varias xornadas de ruta xunto a amigos como Álvaro García Pelayo ou Sandra Aladro, colaboradora de El programa de Ana Rosa. 

 

O grupo de peregrinos entrou na capital galega compartindo a súa alegría. E así quixo inmortalizar Francisco Rivera en redes facendo público un vídeo da súa llegada á Praza do Obradoiro no que se ve aos amigos exultantes cantando ao ritmo dunha guitarra.  O fillo de Paquirri e Carmina Ordóñez compartía este luns o vídeo cos seus seguidores.

 

O toureiro e a deseñadora emprenderona peregrinación hai uns días.  Fixeron o Camiño Portugués e pasaron por localidades como Tui, Redondela, Pontevedra ou Barro. O destro andaluz é un habitual do Camiño, que realiza sempre que pode. 

Comentarios