Máis dun centenar de monumentos de 75 localidades ilumínanse polo segundo ano do Xacobeo

Un concurso de fotografía acompaña á campaña, que acende as luces para lugares emblemáticos de seis países
San Vicente de la Barquera. EUROPA PRESS
photo_camera San Vicente da Barqueira. EUROPA PRESS

Máis dun centenar de monumentos situados en 75 localidades de seis países ilumináronse este martes para recibir o segundo ano deste Xacobeo bianual que terá continuidade ata o 31 de decembro de 2022.

A iniciativa #AcendeOXacobeo estes días coas frechas amarelas e o logo do Xacobeo un centenar de espazos repartidos por lugares de comunidades como Cantabria, A Rioxa, Navarra e países como Irlanda, Reino Unido, Filipinas ou Portugal.

Todo para recordar que este 2022 continúa o Ano Santo, unha prórroga excepcional concedida pola Santa Sé ao comezo deste Xacobeo bianual.

Este martes, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou xunto ao alcalde do Porriño, Alejandro, no aceso da casa consistorial do municipio, un dos puntos iluminados coa #AcendeOXacobeo

Ademais, a iniciativa está acompañada pola segunda edición do concurso de fotografía, aberto ata o 9 de xaneiro.

Os participantes deberán subir en redes sociais as súas selfies e fotografías nos monumentos iluminados ata o vindeiro domingo. Deberán incluír algúns dos hashtags da iniciativa ou etiquetar ao Camiño de Santiago nalgún dos seus perfís.

As tres mellores fotografías recibirán como premio estancias para dúas persoas dun fin de semana nun hotel-balneario de Galicia en réxime de pensión completa.

Comentarios