O Manneken Pis vístese de peregrino

A emblemática figura do neno ouriñando loce coa vestimenta de camiñante coincidindo coa visita de Feijóo a Bruxelas
Feijóo, con el Manneken Pis de fondo vestido de peregrino. EP
photo_camera Feijóo, con el Manneken Pis de fondo vestido de peregrino. EP

O Manneken Pis, a emblemática figura de bronce situada no centro de Bruxelas, vestiuse este martes de peregrino, co clásico atavío composto por un chapeu de á ancha para protexerse do sol, un abrigo con capa para combater o frío e a neve e, por suposto, a típica cuncha que identifica o camiñante.

Desta guisa loce durante todo o día este pequeno neno espido que ouriña nunha fonte e que é unha das grandes atraccións turísticas da capital belga. 

O motivo de que o Manneken Pis se puxese o traxe de peregrino é a visita do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a Bruxelas, onde ten en axenda varias reunións con autoridades europeas.

A promoción do Camiño de Santiago é un dos eixos da visita de Feijóo, que participou na mesa redonda Xacobeo 21-22: un modelo sostible e intelixente de redescubrir Europa a través do Camiño de Santiago, na Fundación Galicia Europa. 

Comentarios