O chef José Andrés percorre o Camiño disfrutando da súa gastronomía

O premiado co Princesa de Asturias fixo parada para comer en Samos e celebrou os aniversarios da cociñeira Elena Guitián
José Andrés, acompañado de Elena Guitián e responsables do mesón Pontenova en Samos. EP
photo_camera José Andrés, acompañado de Elena Guitián e responsables do mesón Pontenova en Samos. EP

O popular chef asturiano José Andrés embarcouse nunha nova peregrinación cara a Santiago de Compostela, a terceira que fai percorrendo o Camiño Francés, e ao longo da ruta xa puido degustar algúns dos pratos típicos da comarca de Sarria.

Tras iniciar a súa peregrinaxe acompañada pola súa familia e pasar pola comarca do Bierzo e O Cebreiro, un dos seus lugares "favoritos ", tal e como expresou nunha entrevista o aclamado cociñeiro —elixido por Time como unha das 100 persoas máis influentes do mundo—, fixo noite o luns en Triacastela para logo continuar a súa camiñada por Samos.

Foi no Mesón Pontenova, do concello samonense, onde puido degustar este martes algunhas das súas especialidades, como as troitas fritidas —cuxa foto compartiu nas súas redes sociais—, o jarrete de tenreira ou as sobremesas da casa, que corroboraron que a comida da zona é digna de mención. Tanto é así, que o propio chef "atraeu a outros peregrinos, aos que chamou para que viñesen comer aquí", relatan desde o establecemento, onde tamén plasmou a súa rúbrica no libro de visitas.

Alí, incluso foi un máis para cantar o aniversario feliz a Elena Guitián, soada cociñeira do Pontenova, coa que "foi moi cariñoso" e que este martes celebrou o seu 85 aniversario. Pouco se imaxinaba hai catro décadas, cando puxo en marcha o mesón, que entre os seus comensais estaría un dos profesionais máis aclamados das cociñas e recentemente premiado coa Princesa de Asturias da Concordia polo labor que desempeña a súa ONG World Central Kitchen, que repartiu comida durante a pandemia e nos lugares máis devastados do planeta.

José Andrés continúa este mércores o seu Camiño cara a Santiago desde Sarria e prevé pisar a Praza do Obradoiro ao redor do día 13, coincidindo co seu propio aniversario.

Comentarios