Rueda destaca a "oportunidade histórica" dan os fondos europeos para o ano santo

Reivindica desde a Casa Museo de Valle Inclán a relevancia do Plan Xacobeo Next Generation para a rehabilitación dos BIC
Alfonso Rueda, en la casa Museo de Valle Inclán. XUNTA DE GALICIA
photo_camera Alfonso Rueda, na casa Museo de Valle Inclán. XUNTA DE GALICIA

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, cualificou os fondos europeos como "unha oportunidade histórica" para dar a coñecer o Xacobeo 21-22.

Así o destacou o vicepresidente primeiro nunha visita que realizou este luns Casa Museo Valle Inclán de Vilanova de Arousa, un dos 12 Bens de Interese Cultural que serán rehabilitados a través dos 27,4 millóns de euros que Galicia recibirá no marco do Plan Xacobeo Next Generation.

Desde alí reivindicou o impacto que terá a rehabilitación dos BIC, tanto nas persoas que transitan os Camiños de Santiago como para os cidadáns que viven nas localidades do Camiño, xa que poden supor unha "oportunidade de dinamización económica e de desenvolvemento do emprego nestes territorios".

Tal e como anunciara o propio Alfonso Rueda a semana pasada, os BIC que se beneficiarán destes fondos serán: casa Museo Valle Inclán, a Fortaleza de Monterrei, o parque do Pasatempo en Betanzos, o arquipélago de Ons, o paisaxe cultural da Ribeira Sacra, Ribeira do Lérez desde As Xunqueiras ata As Aceñas, a Torre de Hércules, o arquipélago de Sálvora, a antiga cárcere de Tui, as Torres do Oeste de Catoira, o conxunto histórico de Mondoñedo, e o castelo de Santa Cruz da Guarda.

Nunha nota de prensa, a Xunta tamén apreciou o traballo da administración autonómica para "pór en valor os recursos das rutas xacobeas e o embelecemento da súa contorna", a través das accións incluídas no Plan Director do Camiño de Santiago 2015-2021, que sumaron un investimento de máis de 43,5 millóns de euros no mantemento dos itinerarios e albergues e na mellora da seguridade viaria. 

Comentarios