Rodríguez salienta que o Xacobeo suporá un "revulsivo" para o sector cultural galego

 Os populares galegos reclaman  "un compromiso firme" por parte do Goberno central coa celebración do Ano Santo
Portada del libro 'Facer Camiño'. EP
photo_camera Portada do libro 'Facer Camiño'. EP

Presentación do libro 'Facer Camiño'. EPO conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, salientou o "verdadeiro revulsivo" que supón o Xacobeo para a cultura galega, xa que "xogará un papel fundamental á hora de proxectar o talento" dos creadores. Deste xeito, o conselleiro subliña a oportunidade que implica para a cultura galega "nun momento tan delicado por motivo da crise sanitaria". 

Así o apuntou na presentación do libro Facer Camiño, que recompila as 23 obras da mostra e un resumo dos ciclos de conferencias, organizada nos últimos meses xunto á Real Academia de Belas Artes. Precisamente, Rodríguez remarca que esta exposición demostra que se pode "seguir gozando da cultura dun modo seguro a través dunha programación de calidade, accesible e que chegue a toda Galicia". 

Pinturas, esculturas e fotografías figuran nas 23 pezas desta mostra con citas sobre a peregrinación xacobea de autores como Dante, Federico García Lorca e Vicente Risco. 

O PPdeG esixe ao Goberno apoio para o Ano Santo
O PPdeG presentará no Parlamento galego iniciativas para esixir que o Goberno do Estado apoie a celebración do Xacobeo 2021, que se exenderá ao longo do 2022; así como para reclamar transparencia e obxectividade na repartición dos fondos europeos. Así o avanzou este luns en rolda de prensa a viceportavoz parlamentaria do PPdeG Paula Prado, quen celebrou a prórroga do Ano Santo a 2022, unha noticia de gran "importancia a nivel social e económico" para Galicia. 

Tras agradecer as accións levadas a cabo tanto polo arcebispo de Santiago, Julián Barrio, como polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para consegir esta prórroga, Paula Prado lamentou que esta importante "noticia" non se acompañe dun "compromiso firme" por parte do Goberno central para colaborar na organización do Xacobeo. 

Neste sentido, criticou que o Executivo estatal rexeitase incluír nos orzamentos para este ano algunha partida para este evento. "Seguiremos insistindo con novas iniciativas neste Parlamento galego, máis agora que prorrógase o Ano Santo ata 2022, para que o Goberno de Pedro Sánchez recapacite e teña a ben destinar investimentos xa poyos para a celebración", indicou.

Comentarios