Unidos polo Camiño impulsa a antiga ruta de San Rosendo desde Lugo ata Portomarín

A asociación naceu días antes da pandemia
Reunión de Unidos polo Camiño. EP
photo_camera Reunión de Unidos polo Camiño. EP

A asociación Unidos polo Camiño, impulsada por un grupo de empresarios lucenses, pretende poñer en valor o antigo Camiño de San Rosendo no treito comprendido entre o santuario de San Lázaro, no barrio da Ponte, e Portomarín.

A presidenta de Unidos polo Camiño, Sandra Ceide, mantivo este luns unha reunión co párroco de San Lázaro, Abraham Sánchez, e co alcalde de Portomarín, Juan Serrano.

Sandra Ceide sinalou que esta ruta, que coincide en gran parte co antigo Camiño Real, "é moi interesante polo seu patrimonio, con cruceiros e capelas, e resulta moi axeitada para a práctica do sendeirismo".

Este colectivo xurdiu días antes da pandemia co fin de potenciar o turismo en Lugo. O seu proxecto inicial era visibilizar o santuario de San Lázaro, xa que varios dos seus integrantes teñen negocios no barrio da Ponte, e o Camiño Primitivo. "Agora optamos por esta ruta alternativa porque se adapta mellor ás restricións impostas pola pandemia", di Ceide.

Comentarios