A Xunta e a Deputación da Coruña promocionarán o Camiño Inglés no Reino Unido

A ruta é a quinta máis transitada, con máis de 15.000 peregrinos en 2019
Camino de Santiago. AEP
photo_camera Camiño de Santiago. AEP

A Xunta e a Deputación da Coruña renovaron o seu acordo para continuar promocionando o Camiño Inglés en terras británicas, de onde parte unha ruta que é xa a quinta máis transitada con máis de 15.000 peregrinos en 2019. 

Así, os gobernos autonómico e provincial reeditan a súa colaboración coa que buscan impulsar o coñecemento desta Ruta Xacobea, que en 2020 viu descender a súa afluencia a 3.000 persoas polo impacto da pandemia.

Deste xeito, colocarasen adhesivos e placas informativas na terceira etapa do Camiño Inglés, que empeza en Finchale, no condado de Durham, a case 2.500 quilómetros da Praza do Obradoiro. 

A terceira etapa, donde céntrase a acción promocional deste ano, discorre no sur de Inglaterra a través de Bishop Auckland en dirección ao porto de Southampton, onde os peregrinos embarcaban no medievo cara a terras galegas. 

Comentarios