lunes. 01.03.2021 |
El tiempo
lunes. 01.03.2021
El tiempo

A Xunta executa 41 proxectos en bens vinculados ao Camiño en Lugo

Javier Arias e Pablo Taboada (esquerda) supervisan unha das actuacións realizada en Palas. EP
Javier Arias e Pablo Taboada (esquerda) supervisan unha das actuacións realizada en Palas. EP
A iniciativa, dotada con máis de 400.000 euros, está destinada a subvencionar obras que melloren a imaxe das rutas xacobeas

A Vicepresidencia Primeira e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo destinou unha partida de 402.000 euros para a execución dun total de 41 proxectos de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos situados nas rutas xacobeas ao seu paso pola provincia de Lugo.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou que o obxectivo do programa é favorecer actuacións "sobre elementos etnográficos, vivendas e espazos agrarios, así como traballos de naturalización e embelecemento do trazado", que permitan ofrecer unha mellor imaxe do Camiño de Santiago. O delegado territorial comprobou algúns dos traballos executados nunha visita que realizou a Palas de Rei e na que estivo acompañado polo alcalde deste municipio, Pablo Taboada.

Arias tamén sinalou que xa abriuse unha nova convocatoria deste programa e que o prazo para presentar novas solicitudes está aberto ata o próximo 4 de marzo. Esta nova edición conta cun orzamento maior, concretamente ascende ata os 1,5 millóns de euros, co que se pretende consolidar a mellora de imaxe das diferentes rutas xacobeas. O delegado territorial tamén recordou que a estas subvencións poden acceder "tantos as propostas públicas como privadas que cumpran os requisitos establecidos nas bases".

Na última edición deste programa accederon a estas axudas na provincia un total de 32 particulares e nove concellos, concretamente, os de Palas de Rei, Guntín, A Pobra de Brollón, O Saviñao, Barreiros, Monforte de Lemos, Lugo, Lourenzá e Paradela.

Por rutas, o Camiño Primitivo foi o que sumou un maior número de proxectos, un total de 13, por valor de 129.000 euros.

A Xunta executa 41 proxectos en bens vinculados ao Camiño en Lugo
comentarios