A Guarda incorpora unha área de descanso para peregrinos no Camiño portugués

A Xunta financiou os traballos
Visita a la nueva área de descanso de peregrinos en A Guarda. XUNTA
photo_camera Visita á nova área de descanso de peregrinos na Guarda. XUNTA

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou este luns nunha visita á nova área de descanso financiada pola Xunta no Camiño portugués da costa, concretamente no tramo que discorre polo municipio pontevedrés da Guarda

Durante a visita, Castro subliñou a importancia destas pequenas intervencións tanto polo seu impacto visual como pola mellora da experiencia do peregrino. "Levamos moito tempo traballando para que o Camiño estea preparado para recibir os peregrinos en canto as condicións sanitarias o permitan", dixo. 

A nova área de descanso ocupa un espazo de preto de 1,8 quilómetros cadrados, nos que se colocou unha zona axardinada con árbores, mesas e bancos. A actuación contou cunha subvención de 10.000 euros e realizouse en terreos mancomunados.

Esta área de descanso beneficiouse da liña de axudas da Xunta para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago, á que o Goberno galego destinou o ano pasado 1,2 millóns de euros. Para este ano elévase un 25%, ata chegar aos 1,5 millóns de euros, o que permitirán incrementar o número de actuacións de mellora en todos os itinerarios da ruta xacobea. 

Comentarios