El tiempo
jueves. 01.12.2022
El tiempo

A Xunta impulsa actividades nos Camiños da Prata e de Inverno na comarca do Deza

Luis López participou este sábado na actividade 'O Camiño Diverso', en Rodeiro. DP
Luis López participou este sábado na actividade 'O Camiño Diverso', en Rodeiro. DP
Os concellos de Lalín, Silleda e Rodeiro acollerán distintos eventos baseados na etnografía, medio ambiente, saúde e arte

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, está a impulsar ata 14 actividades distintas relacionadas coa música, as artes escénicas e plásticas, a saúde, o patrimonio cultural, o medio ambiente e o cine a través do proxecto O Camiño dos Sentidos e dos Saberes, que se desenvolve grazas ao programa O Teu Xacobeo na contorna da Vía da Prata e do Camiño de Inverno ao seu paso polos concellos dezaos de Lalín, Silleda e Rodeiro.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, participou este sábado nunha destas actividades, denominada O Camiño Diverso, que consistiu nun percorrido de sensibilización e concienciación a prol da integración, a inclusión e a igualdade das persoas con diversidade funcional.

Os participantes camiñaron case tres quilómetros entre o Pazo de Camba e os pendellos de Río adaptándose á situación de persoas con diversidade funcional ou mobilidade reducida para comprobar as dificultades que deben superar na súa vida diaria ou na realización dunha actividade tan sinxela como percorrer un tramo do Camiño.

Este proxecto, organizado pola Asociación de Amigos do Museo Casa do Patrón e que conta coa colaboración e apoio da Xunta de Galicia, está a despregar ata 14 actividades distintas na comarca dezá no marco dun proxecto global baseado na etnografía, o medio ambiente, a saúde e a arte.

"A Xunta leva dous anos estendendo este bienio santo e os valores do Camiño de Santiago por todo o territorio, e nomeadamente polos 61 concellos da provincia de Pontevedra, a través do programa O Teu Xacobeo para facer partícipes a todos os galegos deste fito de enorme importancia europea e internacional e agora, cando só restan cen días desta celebración, temos que tratar de aproveitalos ao máximo a nivel social, turístico, cultural e económico", indicou o representante autonómico.

A Xunta impulsa actividades nos Camiños da Prata e de Inverno na...
comentarios